Monday 06 de May de 2024

O plan provincial será levado a pleno extrordinario o vindeiro luns


Actuacións en 36 rúas e camiños e outras 8 infraestruturas, incluídas no POS Provincial 2017 de Riveira
O vindeiro luns 20 de febreiro ás 20 horas vaise desenvolver no Consistorio un pleno extraordinario co fin de someter á aprobación da Corporación o POS 2017: un plan que contempla actuacións sobre 36 rúas e camiños ademais doutras 8 infraestruturas e elementos como instalacións deportivas, parques infantís e biosaudables ou adecuación de aseos.

A contía total que se destina a este plan da Deputación ascende a 1.392.171,85 euros, ao que hai que engadir unha aportación municipal de 83,735,90 euros. Dos 1,3 millóns de euros antes indicados, 142.903,62 euros están destinados á redución de débeda. Ademais hai tres actuacións incluídas no POS complementario.

As actuacións desagregadas son as seguintes:

Achega provincial 2016 (376.262,66 euros)

• Renovación do pavimento asfáltico e instalación de rede de pluviais na rúa Castelao (Aguiño) (218.557,50 euros).
• Renovación de beirarrúas e pluviais na avenida de Ferrol (Santa Uxía) (103.091,46 euros).
• Renovación das liñas de saneamento e pluviais e pavimentación das rúas do Prado, Rocapellón e Campo da Agra (Corrubedo) (53.613,70 euros).

Préstamo provincial 2017 (404.482,36 euros)

• Redución de débeda con entidades financeiras (142.903,62 euros).
• Importe destinado a obras (261.578,74 euros).
o Pavimentación de rúas no casco urbano de Riveira: Xoana Torres, Carlos Casares, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez, Cordieiro, Rúa da Habana, Valle Inclán, Castelao e Travesía Manzanares (183.911,36 euros).
o Pavimentación nos campos de fútbol de Aguiño e Carreira (47.441,93 euros).
o Mellora nas instalacións deportivas municipais: peche do campo de fútbol de Oleiros, impermeabilización do polideportivo de Artes, pintado da pista de atletismo de A Fieiteira (30.225,45 euros).

Achega provincial 2017 (611.426,83 euros)

• Pavimentación das rúas Rosalía de Castro, rúa de Galicia e Cristóbal Colón (Santa Uxía) (173.450,39 euros)
• Remodelación do parque infantil e construción de parque biosaudable no lugar de Muíños (Oleiros) (70.615,55 euros)
• Obras de reparación e mellora do corpo de aseos da Biblioteca Municipal (30.087,73 euros)
• Pavimentación de camiños: camiño da estrada de San Roque a Deán Pequeño, camiño de prolongación da rúa das Escaleiras (Riveira), camiño dende a estrada de San Roque a Cruxeiras, camiño de Balteiro (Oleiros), camiño da Igrexa (Oleiros), transversal en Salmón (Oleiros), camiños en Couso (Aguiño), camiño en Pé do Corniño (Carreira), camiño en Pedriñas (Carreira), camiño no cruce do Vilar (Carreira), camiño en Estrís (Artes), camiño en Estrís-Gándara (Artes), camiño en Porto Alto (Corrubedo), transversal da rúa do Colexio (Corrubedo), travesía do Falcato (Corrubedo) (218.021,78 euros).
• Instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Barrosas (Carreira ) (71.285,17 euros)
• Instalación de rede de bombeo e de saneamento e pluviais na rúa das Revaleiras (Palmeira) (67.755,50 euros).
• Instalación de rede de saneamento en camiños de Crtistal e Igrexa (Olveira) (63.946,61 euros).

Achega municipal necesaria para estas últimas actuacións: 83.735,90 euros

Pos complementario

• Pavimentación en Insuela e rúa Río Azor (Palmeira) (117.612,63 euros)
• Pavimentación e renovación de servizos na rúa do Mar e na rúa da Volta (Castiñeiras) (140.146,42 euros)
• Pavimentación e instalación da liña de pluviais na rúa Torreiro (Corrubedo) (30.230,95 euros).